Alfonso Böck Villalva
Naturmontaxes é unha empresa especializada na execución de instalacións para actividades na natureza, con énfase na equipación de vías de escalada deportiva, creación de sendeiros, vías ferratas, pontes colgantes e tirolinas. Fundada en xaneiro de 2023 por Alfonso Böck Villalva, aproveitamos máis de 30 anos de experiencia en traballos en altura para promover o turismo sostible e o deporte na natureza en Galicia, especialmente na provincia de Ourense.
Alfonso Böck Villalva (Madrid, 1972) é un apasionado da montaña dende os 17 anos. Despois de décadas de experiencia altruista na equipación de vías e traballos en altura, fundou Naturmontaxes para profesionalizar o seu soño. É presidente de Asesou, o club con máis federados de montaña en Galicia, e forma parte da primeira promoción de técnicos en áreas verticales de actividade deportiva (TAVD).
A nosa visión é converter lugares como a Ribeira Sacra nun referente europeo da escalada en dez anos, atraendo turismo de calidade e respectuoso co medio ambiente.
Primeiro proxecto da empresa: Equipación nunha antiga canteira abandonada, incluíndo estabilización da zona superior.
Instalación de 26 vías na primeira fase, con posibilidade de expansión. A segunda máis grande de Ourense despois do Cañón do Sil.
Colaboración co Club Aromon para crear máis de 30 vías en cantís de granito costeiros, promovendo o turismo de aventura.
Durante máis de 30 anos, Alfonso equipou vias de forma altruista en enclaves como o Cañón do Sil na Ribeira Sacra, contribuíndo ao desenvolvemento da escalada en Galicia.
Para máis información ou consultas, contacta connosco:
Email: info@naturmontaxes.com